Venres. 15.11.2019
El tiempo

A Xunta Local de Seguridade constata que Santa Comba ten un índice de delicuencia dos máis baixos da provincia

A Xunta Local de Seguridade constata que Santa Comba ten un índice de delicuencia dos máis baixos da provincia
xunta-local-seguridade-santa-comba A alcaldesa de Santa Comba e o Subdelegado do Goberno copresidiron onte a sesión ordinaria da Xunta Local de Seguridade de Santa Comba A Xunta Local de Seguridade de Santa Comba - creada hai un ano - reuniuse onte co fin de analizar a evolución da seguridade cidadá no municipio. Segundo os datos proporcionados pola Garda Civil, os índices de delincuencia de Santa Comba atopanse moi por debaixo da media provincial. Á sesión de reunión asistiron o subdelegado do Goberno na Coruña - Jorge Atán - e a alcaldesa de Santa Comba - María Pose -, quenes se encargaron de copresidir a sesión ordinaria á que tamén asistiron a vicesecretaria da Delegación do Goberno - Eva Vázquez -; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil- Francisco Jambrina -;  acompañado polo saxento xefe do Posto de Santa Comba - Daniel Lamazares -. Por parte do concello asistiron o concelleiro Javier Facal; o xefe da Policía Local, Manuel Pérez, e o xefe de Protección Civil, Benigno Bouzada. Por último, en representación da Policía Autonómica asistiu o inspector xefe da Unidad Adscrita, Vicente Carballo. Os asistentes á reunión tamén constataron a "boa coordinación e fluidez" da cooperación entre os corpos de seguridade presentes no concello xalleiro. Neste sentido, a alcaldesa agradeceu o traballo conxunto da Policía Local e Garda Civil en relación á operación que no pasado mes de febreiro concluiu con detención de tres persoas polo cultivo de marihuana. Festas Durante a reunión de onte, o subdelegado do Goberno recordou as modificacións normativas relativas á seguridade en espectáculos pirotécnicos. Tamén se estudaron as medidas de seguridade aplicables en eventos festivos ou extraordinarios que requiran un dispositivo especial e un reforzo de medidas de seguridade tales como as festas patronais de San Pedro. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios