Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aprobada as expropiacións para as obras da estrada entre Santa Comba e Portomouro

Aprobada as expropiacións para as obras da estrada entre Santa Comba e Portomouro
O Consello da Xunta aprobou onte o Decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola primeira fase das obras de acondicionamento da estrada AC-406, Portomouro-Santa Comba, que se desenvolverán entre o núcleo de Abuín e o parque empresarial de Santa Comba. O Goberno galego licitará nas vindeiras semanas estas obras, que suporán un investimento total por parte da Administración autonómica de 4,3 millóns de euros, dos cales algo máis de 375.000 se corresponden coas expropiacións. En total prevese afectar a 67 fincas no termo municipal de Santa Comba, e o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos prevese para o primeiro semestre de 2018. Con esta actuación prevese mellorar aa seguridade viaria cun trazado alternativo ao da actual estrada que permitirá evitar o paso polo núcleo de Salgueiroas, actuando como variante. Así evitaranse os problemas do trazado actual, encaixado entre edificacións e con varias curvas de radio moi reducido e interseccións con escasa visibilidade. Características O trazado desenvólvese entre os puntos quilométricos 25+680 e 27+740 e ten unha plataforma de 10 metros, con dous carrís de 3,5 m e beiravías de 1,5 m, á que se sumarán bermas polas dúas marxes de 0,75 metros. Inclúense tamén dúas interseccións, unha ao final da travesía de Salgueiros con forma de semiglorieta na que se permitirán os cambios de sentido; e outra como unha glorieta no punto final da actuación, na que conflúen a nova traza coa AC-406 e o acceso ao parque empresarial de Santa Comba. Así mesmo, prevese unha nova estrutura sobre o rego da Bouza, de aproximadamente 50 metros de lonxitude, dous pasos inferiores e proxéctanse camiños de servizo para canalizar os accesos existente. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios