Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Biblioteca de Coristanco acolle dúas citas infantís

Biblioteca de Coristanco
A Biblioteca de Coristanco acolle dúas citas infantís

O Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco, cun aforo limitado a 25 persoas, volve recibir a visita dos contacontos.

Este xoves 8 de outubro, ás 17:00h, os pequenos poderán gozar de de Gloria Mosquera e Tomi López de Mamá Cabra con algunhas das pezas do seu último traballo “A fraga do meu avó”.

O domingo 11, ás 12h será o tempo de Teatro Ghazafellos cos seus “Monstros no camiño”.

É imprescindible a inscrición previa por teléfono (651.66.49.08) ou de forma presencial na Biblioteca Municipal de Coristanco.

Comentarios