Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Bm: Ao asalto de Lavadores

Bm: Ao asalto de Lavadores
CALVO-XIRIA-VS-LALINENSE-672x372 Imaxe do Calvo- Embutidos Lalinense Cesar Carvahal do Bm Camarinas O xogador camariñán Cesar Carvahal tivo que pasar polo quirófano Esta fin de semana só houbo unha cor no balonmán costeiro. O Bm. Camariñas tiña que aprazar o seu choque ante Bueu Atlético (o que sería o segundo choque no desterro carballés tívose que suspender porque a pista do Carvalho Calero estaba moi húmida), ao tempo que envía ánimos aos seu xogador Cesar Carvalhal, que tivo que pasar polo quirófano para tratar a rotura de ligamento cruzado e menisco. Deste xeito, só Calvo Xiria e Bm. Xallas saíron á pista. Por Carballo, as novas seguen sendo boísimas, e o Calvo segue mantendo o pulso do líder, un Construcciones castro Lavadores Vigo que, con dous puntos de vantaxe, recibe aos conserveiros na tarde do vindeiro sábado 26. O club carballés prepara un bus para animar aos seus, que sairá do Pavillón da Zona Escolar ás 15.45 h. Por Santa Comba, o BM. Xallas tamén sabe gañar sobre a bocina e se mantén no máis alto da 2ª Autonómica, empatado co Poio. Bus de Carballo a Lavadores

1ª Estatal, xornada 16

  • Resultado: Calvo Xiria – Embutidos Lalinense (27-18)
Unha gran defensa volveu ser o piar do cadro carballés para vencer con solvencia a un cadro lalinés que vai a menos nas últimas xornadas, e queda fóra da loita dos postos de ascenso. Amarelle e Cuco no centro da defensa e Iago Gómez na portería convertéronse nun muro infranqueable para os visitantes.

2ª Autonómica, xornada 11

  • Resultado: Balonmán Moaña - Balonmán Xallas (23-24)
Emocionante partido o vivido en Moaña esta fin de semana, onde os xalleiros se levaron a vitoria cun gol no último minuto e resistindo as embestidas do equipo anfitrión os últimos segundos. Parecía que o encontro ía ser tranquilo para os visitantes, que cun parcial inicial de 0-3 pronto dominaban o marcador, máis a rápida reacción do Moaña, sumada a un baixón de intensidade xalleiro deulle a volta o marcador, o que se traduxo nun 13-10 en contra o descanso. Trás o paso polos vestiarios recuperouse a intensidade e establecéronse as pautas para atacar sobre a defensa 4:2 planteada polo Balonmán Moaña que tanto estaba a costar superar. Unha vez igualado o marcador, as rentas eran mínimas para ambos equipos, que se alternaban levando a vantaxe no marcador, até que pasado o minuto 29, con 5vs5 no campo por mor de 1 exclusión para cada equipos, os xalleiros meteron o 23-24. Con 25 segundos por diante, o Balonmán Moaña solicitou tempo morto e decidiu xogar o último ataque sin porteiro, buscando ganar esa superioridade de 6vs5, máis 3 boas accióna defensivas dos visitantes conseguiron frenalos en golpe franco directo xa contempo cumplido, o cal se estrelou na barreira xalleira para levarse os 2 puntos para Santa Comba e seguir no máis alto de clasificación.  

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bm-o-bm-camarinas-vence-no-desterro/ “Bm: O verde domina” — Que pasa na costa “Bm: Xiria e Camariñas vencen arroupados polas súas afeccións” — Que pasa na costa

Comentarios