Venres. 19.04.2024
El tiempo

O CEIP Xosé Pichel recibe un investimento de 664.000€ para adaptalo á nova arquitectura pedagóxica

Gonzalo Trenor no CEIP Xose Pichel de Coristanco1
Visita institucional ao CEIP Xose Pichel de Coristanco
O CEIP Xosé Pichel recibe un investimento de 664.000€ para adaptalo á nova arquitectura pedagóxica

Vivirá o CEIP Xosé Pichel unha rehabilitación integral, gracias ao investimento de 664.000 euros. Unhas obras, aínda en licitación, que servirán para adaptarse ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia.

As principais accións irán na mellora do illamento térmico e da eficiencia enerxética (substitución da cuberta do comedor e da biblioteca por outra de panel de sandwich, a substitución das carpinterías exteriores por aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e a colocación dun novo illamento exterior tipo SATE nas fachadas), a reforma do pavimento no patio cuberto e a renovación dos baños (incluíndo a instalación dun baño adaptado).

Asi, os 314 alumn@s e o equipo de persoal docente formado de 42 profesores serán directamente beneficiados.

Gonzalo Trenor no CEIP Xose Pichel de Coristanco

Comentarios