Sábado. 20.04.2024
El tiempo

CxG chega a Santa Comba para calmar a crispación municipal

CxG chega a Santa Comba para calmar a crispación municipal
CxG Santa Comba-David Barbeira esq copia David Barbeira, a cabeza visible de CxG Santa Comba

”Fai falta un cambio na politica municipal. Vemos que está moi deteriorada, que fai moita falta liberar a tensión e baixar a crispación. Queremos entrar no Concello para facer política de verdade”.

Son as palabras de David Barbeira, a cara visible do novo grupo Compromiso por Galicia de Santa Comba. Presentaranse de xeito oficial a finais de setembro ou a comezos de outubro, pero xa están en marcha recadando apoios e xente que se queira unir ao proxecto político.

Barbeira é o actual presidente da familia do Bm. Xallas, e no seu tempo pertenceu á familia da Asociación Equinatur que recuperara a festa cabalar. Pero non ten ningunha vinculación política directa, como tampouco toda esa xente nova que se está sumando ao proxecto.

”Estamos moi sorprendidos da cantidade de xente nova que hai con gañas de cambio, xente preocupadísima por cambiar isto”.

Asegura que apostou por CxG porque “son xente humilde e traballadora, e creo que compartimos moitas ideas para traballar por e para o pueblo”. Xa estivo cos compañeiros do seu novo partido nunha presentación en Agolada, onde uns independientes se pasaron ao grupo verde, e confirma que “CxG deume moita ilusión”.

Estaremos pendentes pois para esa presentación oficial de aquí a un mes.

Fonte

Comentarios