Xoves. 18.04.2024
El tiempo

De doazón, auga, ITV e plenos madrugadores en Santa Comba

De doazón, auga, ITV e plenos madrugadores en Santa Comba

Varias novidades de diversa índole hai estes días por Santa Comba. Dende a chegada da bus da doazón, ata a misiva municipal sobre a responsabilidade da auga, pasando por un importante pleno.

Bus da doazón

O vindeiro mércores 30 e xoves 31 de agosto, estará o bus da doazón en Santa Comba. De 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 21:00h poderás salvar vidas en apenas 10 minutos, sumándote a campaña “Ti dás o tipo”.

A auga, responsabilidade de todos

Nestes momentos nos que a seca ameaza os nosos encoros, o Concello de SAnta Comba quere promover o consumo racional e responsable do noso meirande tesouro líquido. Por iso saca unha misiva na que propón concienciar á poboación sobre o coidado que temos que ter, para que con pequenas medidas axudemos todos.

Así, dan consellos tan evidentes pero tan necesarios como o de ducharse no canto de bañarse, non empregar o wc como se fose unha papeleira; empregar lavalouzas e lavadoras a carga completa, pechar a villa mentres se frega ou se lavan os dentes; facer un mantemento e uso das piscinas responsable…

Pleno madrugador

Este venres ás 8:30h da mañá hai convocado un pleno extraordinario para resolver as alegacións e aprobar defintivamente os Orzamentos Municipais 2017. Ademais, van realizar a aprobación do proxecto da regularización de edicios escolares e vivendas de mestres.

Curso de Manipulador de alimentos

Así mesmo, o Concello convoca unha charla sobre Hixiene Aliminentaria para Manipulador de Alimentos. Comeza na mañá do venres 4 de setembro. As inscricións dende o 1 de setembro no Edicifio de Servizos Múltiples ou nos 981818710 / 663 728 782 ou en www.santacomba.es.

ITV

A ITV móbil pasará polo Recinto Feiral de Santa Comba os días 20, 21, 22, 25 e 26 de setembro. Vaian solicitando cita previa no 902 30 90 00 ou en www.sycitv.com.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios