Mércores. 19.02.2020
El tiempo

Medio Ambiente entrega a Santa Comba novos colectores de envases lixeiros e papel/cartón

Medio Ambiente entrega a Santa Comba novos colectores de envases lixeiros e papel/cartón
  A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, fixo entrega na mañá de onte ao Concello de Santa Comba de 35 novos colectores para incrementar as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e de papel/cartón (25 de envases lixeiros e 10 de papel/cartón). Esta é unha das finalidades do acordo establecido entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembes, organización medioambiental sen ánimo de lucro, para ampliar a rede de puntos de recollida selectiva de envases de plástico, latas e briks (colector amarelo) e de envases de papel e cartón (colector azul) na provincia da Coruña.

comentarios