Venres. 29.03.2024
El tiempo

O programa Galeuropa invita a mozo@s de Santa Comba a facer prácticas laborais por Europa

O programa Galeuropa invita a mozo@s de Santa Comba a facer prácticas laborais por Europa

O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Santiago, do que forma parte o Concello de Santa Comba, ven de recibir a confirmación de que ten prazas para o Programa Galeuropa neste exercicio 2018. Galeuropa é un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co respaldo dos Fondos da Unión Europea para o fomento da empregabilidade, que facilita prácticas laborais non remuneradas (aínda que os participantes sí teñen cubertos a formación idiomática, as viaxes, o aloxamento, a manutención e uns cartos de bolsillo) en paises europeos; que pretende que os nosos mozos e mozas (de 18 a 30 anos e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil) adquiran competencias útiles non só no aspecto laboral, senón tamén no ámbito de desenvolvemento idiomático e autonomía persoal durante os meses que dure a estancia formativa.

Si estades interesados en participar en Galeuropa, A OMIX de Santa Comba pode axudarvos nos trámites para a solicitude de prazas do GDR, postos que os mozos dos concellos membros (como é o caso de Santa Comba) teñen preferencia. Podedes contactar no Multiusos ou no tf 981 81 87 10, e poder vivir esta experiencia formativa tan interesante.

Fonte

  • Santa Comba.

Comentarios