Mércores. 17.04.2024
El tiempo

O Verán Lúdico de Santa Comba, pioneiro na comarca na participación de persoas con diversidade funcional

O Verán Lúdico de Santa Comba, pioneiro na comarca na participación de persoas con diversidade funcional
Rematou o mes de xullo e con él as primeiras quendas do " Verán Lúdico" do Concello de Santa Comba, con "récord" de participación, con 91 nenos e nenas, que disfrutaron de múltiples actividades, cunha integración total nelas de rapaces con diversidade funcional. O Concello pretende facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, nos tempos das vacacións escolares ofrecendo un espazo de carácter lúdico e educativo, empregando as diferentes formas de xogo como motor da aprendizaxe. Un dos principais obxectivos que se marcan é a adopción dunha actitude de respecto cara ás cualidades e características das demais persoas e comezar a valoralas, sen actitudes de discriminación de ningún tipo e coñecer as normas e modos de comportamento social do grupo do que forman parte para establecer vínculos, fluidos e equilibrados. E de aí que o equipo de 7 monitores/as (unha delas de prácticas) e o psicólogo/a conten con formación e experiencia no ámbito do tempo libre e no tratamento de nenos e nenas con diversidade funcional, unha vez que un 10% das prazas totais resérvanse para este colectivo.   Sesión teatreira no Verán Lúdico de SAnta Comba A duración do programa é dende o 2 de xullo ata o 7 de setembro de 2018, ambos inclusive, en horario de 8:30h.- 14:30h., que realizan parte das súas actividades nas instalacións do C.E.I.P. “Barrie de la Maza”. Ademáis, outros espazos municipais como a piscina, o entorno e a Casa do Pozo, os parques infantís, descuberto e cuberto, son escenarios das "andanzas" dos rapaces de " Verán Lúdico". Incluso, e como actividade novedosa, realízanse visitas a diferentes comercios, empresas e lugares de interese no municipio, para que os nenos e nenas poidan coñecer oficios e profesións da xente de Santa Comba. parque infantil feira santa comba O parque infantil situado no edificio de Servizos múltiples é espectacular

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/chega-a-santa-comba-un-veran-cargado-de-actividades/ https://quepasanacosta.gal/santa-comba-concilia-a-base-de-deporte/ https://quepasanacosta.gal/o-sabedoiro-do-veran-esta-en-santa-comba/

Comentarios