Mércores. 25.11.2020
El tiempo

A oposición de Coristanco únese para aprobar as 10 obras do POS+2021

Unha das obras formuladas é a pavimentación da estrada de acceso a area recreativa da Rocheira
Unha das obras formuladas é a pavimentación da estrada de acceso a area recreativa da Rocheira
A oposición de Coristanco únese para aprobar as 10 obras do POS+2021
Unha moción proposta conxuntamente polos grupos da oposición no pleno de Coristanco (TeGa, ALVC, BNG e PsdG-PSOE) serve para configurar o Plan de Obras e Servizos 2021. A moción foi aprobada por unanimidade, cos votos a favor mesmo do PP. Unha situación singular, sen dúbida, se temos en conta que por norma xeral é o grupo de goberno o que planifica e propón as obras a levar a cabo.

O caso de Coristanco é especial, pois o desgoberno acumulado dos últimos anos levou a ter sen executar moitas das obras dos Plans Provinciais dende 2015.

A oposición valora o seu “consenso e o bo entendemento entre os grupos para xerar este proxecto global”, tendo en conta que varias das obras propostas teñen que ver coa creación de sendas peonís, ou suministros de auga. Pola súa parte, o grupo de goberno valora o feito de deixar participar a todo o pleno.

A relación de obras que se aprobaron para o POS 21, son:

  • 1.- Proxecto de humanización da travesía de San Roque: PLan de humanización desde a rotonda de Carrefour ata a rotonda de Sta Comba, coa colocación de bancos, xardineiras, pepeleiras, arbolado decorativo (prunus, acer, ginkgo ..), paso de peóns máis seguros, sinalización, axardinado das rotondas e zonas verdes, etc.
  • 2.- Pavimentación con aglomerado en quente e aceras e pluviais na zona de Feira Nova: pavimentación desde a C-552 ata a DP-2901, pasando por diante da escola Fonteboa, a unitaria da Feira Nova, e o ramal ata Pontepequena. Colocación de aceras e ampliación do firme do ramal que pasa por diante da escola unitaria e Fonteboa.
  • 3.- Aceras e pluviais na Rabadeira: Construcción de aceras desde a pista que vai a Nogueira ate a derradeira casa da Rabadeira en sentido Sta Comba. ditas aceras serán por ámolos dous laterais, coa colocación de puntos de luz en todo o trazado.
  • 4.- Senda peonil Rabadeira a Seavia: 1º tramo da senda peonil da Rabadeira a Seavia.
  • 5. - Beirarrúas do Pinariño ata a igrexa de Xaviña: Pluviais e aceras desde o final das aceras da Lagoa ata a igrexa de Xaviña.
  • 6.- Beirarrúas desde a rotonda de Carrefour ata Oca. Construción de aceras e pluviais desde a rotonda da C-552 á altura de Carrefour ata Oca, cos correspondentes puntos de luz.
  • 7.- Beirarrúas desde a zona da Torre en Silván Ata o lugar de A Braña., por ambos laterais.
  • 8. - Ampliación e adecentamento e pavimentación con aglomerado en quente da carretera que vai desde a DP-2901, ate a área recreativa da Rocheira.
  • 9. - Adecentamento do camiño desde Vilaverde a Pontedona.
  • 10. - Mellora da captación auga de Rabadeira e Nogueira, e a auga de Valenza.

comentarios