Martes. 16.04.2024
El tiempo

Os empresarios de Santa Comba impulsan a aplicación dos Costavales

Os empresarios de Santa Comba impulsan a aplicación dos Costavales
A aplicación móbil dos Costavales - os bitcoins de Santa Comba - xa é unha realidade. O funcionamento da app - chamada Clickoin - é moi sinxelo e está baseado noutros sistemas de mensaxería instantánea como o Whatsapp. O usuario unicamente ten que descargar a App Costavales e solicitar a alta, achegando un nome e un número de teléfono, no que recibirá un contrasinal, garantizando transaccións áxiles e seguras entre comercios adheridos e particulares. A asociación Costavales ten previsto establecer un calendario de presentacións en todo o territorio de actuación do GDR Terras de Compostela, que abrangue os concellos de Negreira, A Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Teo, Boqueixón, Vedra e as zonas rurais de Santiago de Compostela. O proxecto está dirixido a concellos, asociacións, comercios e particulares. Precisamente no concello de Santa Comba, a Asociación Costavales en colaboración coa asociación de Empresarios, lanzará unha campaña de Promoción do Comercio Local para a tempada de Nadal, que consistirá na emisión de bonos–desconto que permitirán un aforro de ata o 25 % nas compras de temporada. A finais desta semana convocará os seus asociados a unha reunión para explicarlles a dinámica desta iniciativa. O proxecto está cofinanciado polo Feader - Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural - e presentouse jn Agader a través do GDR 19 – Terras de Compostela. Ten como obxectivo impulsar a economía local fomentando o consumo de produtos locais e achegando o uso das novas tecnoloxías. Medio Ambiente Por outra parte, a asocación Costavales demostrou o seu compromiso co medio ambiente asinando un acordo coa asociación deportiva de Pesca Xallas a través do cal esta entidade premiará aos seus socios a elaboración e entrega de estadísticas sobre o esforzo de pesca no Couto de Santa Comba (ríos Xallas e Abuín). Os premios repartiranse en Costavales.   Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/o-proxecto-costavales-os-bitcoins-de-santa-comba-contara-cunha-app/   Fonte

Comentarios