Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Os empresarios de Santa Comba reciben apoio financieiro para novos proxectos

Os empresarios de Santa Comba reciben apoio financieiro para novos proxectos
A presidenta dos empresarios de Santa Comba Teresa Castro Rodriguez e o director de zona de ABANCA en Santiago-Costa da Morte Victor Escaris Insua A presidenta dos empresarios de Santa Comba, Teresa Castro Rodríguez, e o director de zona de ABANCA en Santiago-Costa da Morte, Víctor Escarís Insua Bo convenio o que veñen de asinar os Empresarios de Santa Comba con Abanca. Un acordo que permitirá impulsar novos proxectos que reactiven a actividade comercial nas terras xalleiras, facilitando o acceso ao crédito a autónomos e pemes adheridos a esta organización empresarial.. Os cerca de 200 socios do concello coruñés poderán desfrutar de mellores condicións na contratación de produtos de ABANCA. Os asociados terán ofertas especiais para pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial, ademais das TPV (Terminais Punto de Venda), moi interesantes para os comercio. A entidade axudará tamén a sumarse ás liñas como o Plan Activamos, ou ás axudas do ICO, IGAPE ou Afigal, ou mesmo fará un 20% de desconto ás empresas que queiran abrir a súa tenda online.

Comentarios