Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Pensado Plágaro senta de novo no banco dos acusados tras 7 anos de litixio

Pensado Plagaro presentase coa Agrupacion Local de Vecinos de Coristanco
Pensado Plágaro en 2019 cando se presentou á alcaldía coa Agrupación Local de Veciños de Coristanco
Pensado Plágaro senta de novo no banco dos acusados tras 7 anos de litixio

Todo cambiou na Casa do Concello de Coristanco aquel 12 de febreiro cando varios furgóns da Policía Nacional e a Garda Civil entraban a facer un rexistro. Pasaron xa 7 anos dende o comezo da “Operación Pataca”, que estuda os supostos delitos de prevaricación, malversación de fondos e fraude di entón alcalde Antonio Pensado Plágaro, rexedor coristanqués do 1991 a 2021…

Imputado dende 2014, xa ten pasado polo xulgado, para declarar sobre as supostas contratacións “a dedo” a varias empresas amigas. A Fiscalía xa describía en 2014 como Pensado Plágaro “desenvolvendo unha relación moi cercana e estreita cos propietarios dunha das empresas economicamente máis importantes das que participaban no Concello de Coristanco”. Ata o punto de que https://www.quepasanacosta.gal/articulo/costa-da-morte/0-70-das-obras-de-coristanco-entre-2009-e-2013-recaeron-no-mesmo-grupo-empresarial/20180426092457087790.html>o 70% das obras contratadas polo seu Concello entre 2009 e 2013 recaeron no mesmo grupo empresarial.

Agora tócalle sentarse de novo este mércores na Audiencia Provincial da Coruña, para enfrontarse a máis de 5 anos de prisión e 27 anos de inhabilitación para calquera cargo público. Desta volta as preguntas irán sobre os sobreprezos que lles permitía incorporar ás empresas amigas por facturas, por exemplo, de gasoil para os edificios municipais, que chegaban a triplicar o prezo de mercado.

Novas relacionadas

comentarios