Martes. 19.03.2024
El tiempo

Unha persoa atrapada tras envorcar nun accidente na Autovía

Unha persoa atrapada tras envorcar nun accidente na Autovía

Esta tarde de venres, pasadas as 19:30, en plena operación volta a casa de fin de semana, tiña lugar un accidente na autovía AG-55, no quilómetro 44 dirección Fisterra, a altura do Concello de Coristanco. Un vehículo, Mercedes Benz, envocaba provocando que a a conductora e única ocupante ficase atrapada dentro do vehículo boca abaixo.

Os Bombeiros retiraron a porta traseira e o pilar B para facer oco e así poder acceder a conductora, que foi estabilizala e sacala do vehículo. Os sanitarios do 061 alí presentes axudaron en todas as maniobras de extracción para que fosen o menos bruscas posibles. Unha vez liberada trasladouse en un taboleiro espinal en bloque para ser atendida no interior da ambulancia do 061.

Os ocupantes do outro vehículo, un neno de 2 anos e a sua nai que era a conductora, estaban fóra do vehículo e foron ser atendidos por outra ambulancia do 061.

Ao lugar acodiron, ademais dos Bombeiros de Carballo, a Garda Civil de Tráfico, GES Ponteceso, 2 ambulancias 061, SMPC de Coristanco, Persoal mantenemento AG-55.

Novas de accidentes.

Comentarios