Martes. 19.11.2019
El tiempo

Reciclar ten premio ca Tropa Verde de Santa Comba

Reciclar ten premio ca Tropa Verde de Santa Comba
Foto municipal cas organizadoras da Tropa Verde Foto municipal cas organizadoras da Tropa Verde Tropa Verde de SAnt Comba Fermosa a iniciativa medioambietal que artella o Concello de Santa Comba. É a empresa Teimas Desenvolvemento, a que pon en marcha o proxecto Tropa Verde. Esta iniciativa, activa dende o pasado martes 20 de marzo pretende concienciar ós veciños de Santa Comba da importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos, ó mesmo tempo que potencia o comercio local. Unha campaña que xa nace dende o éxito, gracias á participación de 20 establecimentos comprometidos coa iniciativa, ás máis de 250 recompensas e descontos por case 1.000€.

Como participar

O proceso para participar é sinxelo. Os participantes teñen que inscribirse a través da web tropaverde.org. Cando leven os seus residuos ao punto limpo e os lugares destinados a tal efecto, obterán un cheque cun código que deberán introducir na mesma web. Entón, recibirán uns puntos, chamados “estrelas”, que se poderán trocar por produtos e descontos no comercio e na hostalería local. Como funciona a Tropa Verde

Onde conseguir puntos

• Punto Limpo coma emisor de cheques, se obteñen 50 estrelas por depositar residuos nas instalacións: pilas e baterías, disolventes, pinturas, vernices, fluorescentes e aerosois, aceites usados, electrodomésticos con CFC, e os residuos que non se poidan depositar nos colectores da rúa por culpa do seu tamaño, nivel de contaminación...etc. • Depósito de pilas: varios establecementos e centros colaboran recollendo bolsas de pilas a cambio de 30 estrelas da Tropa Verde: Fotos Teca, Óptica Xallas, centro de cultura, etc. • Cáritas no Concello de Santa Comba, depositando aquí roupa, complementos ou calzado se consegue un cheque de 30 estrelas. • A web irase actualizando segundo se incorporen colaboradores e lugares onde acadar cheques.

Onde cambiar os puntos por recompensas

Identificador de establecimento colaborador da Tropa Verde Identificador de establecimento colaborador da Tropa Verde A Tropa Verde está a ter unha excelente acollida entre os comerciantes, xa se conta cunha rede de máis de 20 establecementos colaboradores, que contan ademais cunha identificación Foto Teca Tanara Droguería Rieiro Namaste Opticalia Santa Comba Pisotones Óptica Xallas Talleres Constantino Amigo Enxebre Mobles Lois renting Pekenos Agroveterinaria Xallas Restaurante Tío Paco Quercus Selección SC (Distribuciones San Cristobal) Deportes Alvite Informática PC PLUS Droguería / Parafarmacia / Óptica Pose Ortopedia Pose PSI. Terapia e Formación

Fonte

  • Concello de Santa Comba.

Comentarios