Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Santa Comba acolle o primeiro Certame Gandeiro-Cabalar

Santa Comba acolle o primeiro Certame Gandeiro-Cabalar
certame-gandeiro-cabalar-santa-comba Os organizadores presentaron onte o certame que terá lugar mañá no antigo recinto feiral de Santa Comba En Santa Comba xa está todo preparado para que mañá domingo se celebre o 1º certame Gandeiro-Cabalar no antigo recinto do campo da feira da vila. Precisamente onte a alcaldesa - María Pose -; o presidente da asociación de Criadores de Cabalo Español de Galicia (ACCEGA) e da asociación para a Promoción do Deporte e da Cultura Ecuestre ( APRODEQUS) - Manuel Benavides -; a edil de Deportes - Silvia Cancela - e o concelleiro de Medio Rural - Juan Carlos Pérez - presentaron o evento nun acto que tivo lugar no salón Nobre do Museo Terra do Xallas. Na súa intervención, a alcaldesa fixo fincapé na decidida aposta do goberno municipal por iniciativas que den valor ó sector gandeiro da zona, neste caso no mundo cabalar, do que Santa Comba foi historicamente un referente; e salientou que distintos afeccionados locais están empezando a difundir a práctica cabalar entre a poboación, como medio de ocio saudable. A alcaldesa agradeceu o apoio de xente do mundo do cabalo de Santa Comba, como Alberto Arán, que amosaron unha grande predisposición para colaborar con este certame e potenciar da Ruta Cabalar. Ademáis, María Pose amosouse satisfeita con iniciar este ano este tipo de certames, e que o seu goberno tratará de darlle continuidade e apoio nos vindeiros anos. Pola súa parte, Manuel Benavides - director técnico do evento - destacou a calidade e número de categorías ás que está aberto o certame, tanto para cabalos, éguas, poldros e poldras de raza do país, razas cruzadas e puras (cabalo español e árabe). Tamén resaltou a calidade do espectáculo que terá lugar mañá pola tarde, con danza ecuestre, doma clásica, música e participación de bailaríns, cunha compañía chegada desde Burgos. Programa O certame arranca mañá pola mañá coas inscricións e primeiros concursos morfolóxicos. ás 12:30 horas haberá un pequeno acto de autoridades, previo á saída da Ruta Cabalar. Xa pola tarde, haberá concursos morfolóxicos e a partir das 18 horas comeza o espectáculo de danza ecuestre, para rematar a partir das 19:30 horas coa entrega de distincións e premios aos gañadores das distintas categorías.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios