Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Santa Comba adecenta a contorna da zona escolar

Santa Comba adecenta a contorna da zona escolar
A zona de actuación será nas antigas vivendas de mestres e zona infrautilizada en Santa Comba

Xa comprobamos que as obras non descansan en verán en Santa Comba. Asñi o ratifican tamén as obras da contorna da zona escolar, que vén de licitar o Concello.

Un proxecto que suporá rematar co feísmo e a deterioración da zona escolar onde se atopan o IES Terra de Xallas, a gardería municipal e o CEIP Barrié de la Maza. A contorna presenta na actualidade un evidente estado de deterioración, cun edificio en estado ruinoso e unha zona 2020 m2 infrautilizados.

O proxecto, incluído no POS+2017, ten un prazo de execución de 3 meses e un orzamento de 175644,70 €, e permite solventar unha antiga demanda da comunidade educativa, permitirá unha maior seguridade para o alumnado, profesores e familias e tamén para o tràfico rodado, en especial, nas horas de entrada e saída dos colexios onde se concentran nun espazo pequeno os autobuses do transporte escolar e os vehículos dos particulares comprometendo a seguridade viaria.

As obras a realizar son: • Retirada do arborado existente na contorna. • Demolición do edificio ruinoso existente, previa desconexión das instalacións existentes. • Demolición de beirarrúas e bordos. • Demolición de parte do muro do colexio ao obxecto de aumentar o ancho das beirarrúas. • Desmonte da explanada até acadar a rasante definitiva. • Realización das contencións necesarias na zona da gardería e do colexio. • Establecemento da subbase de zahorra nas zonas de nova pavimentación. • Colocación dos bordos das novas beirarrúas. • Execución da instalación de evacuación das augas pluviais e de iluminación. • Execución das novas beirarrúas. • Capa base de pavimento asfáltico na zona de nova pavimentación. • Colocación de farolas. • Colocación dunha barandilla de protección. • Sinalización horizontal e vertical.

Outras licitacións

Así mesmo, o executivo local vén de licitar tamén as obras de mantemento do firme no camiño de Picotos a Varilongo e o de Santa Sabiña, tamén unha obra do POS+2017, cun orzamento de 69.983,53 € e un prazo de execución de tres meses.

As mesmas zonas recibirán un tractor para a mellora medioambiental (tapar fochanchas, saneamento do firme, cunetas, sinalización…).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios