Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Santa Comba cítase co Día da Biblioteca e prepara un curso de Socorrismo

Santa Comba cítase co Día da Biblioteca e prepara un curso de Socorrismo
Dia da Bibloteca en Santa Comba

Este mércores 24 de outubro o Concello de Santa Comba quere celebrar o Día das Bibliotecas, eses espazos, lugares de encontro dos lectores de tódalas idades coa cultura. Como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana, como algo que cura, que alonxa ao inocente do que agrede, en especial dos máis vulnerables; o que fai dano, sexa ou non imaxinado, sexa ou non real. As bibliotecas reparten refuxio, velan polos libros que habitan nelas para que non morran nin desaparezan.

Achégate á biblioteca de Santa Comba o 24 de outubro e terás un premio.

Curso de Socorrismo

Así mesmo, o Concello artella un Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático, dirixido a desempregados de menos de 30 anos. Unha acción formativa acreditada na que xa se poden facer as inscricións, no 981 81 8 7 10, antes do 13 de novembro.

Comentarios