Martes. 19.11.2019
El tiempo

Santa Comba organiza o primeiro concurso de graffitis

Santa Comba organiza o primeiro concurso de graffitis
"Santa Comba en Cores" é o nome do novo concurso organizado polo concello para darlle colorido a distintos espazos municipais con este tipo de arte urbana e que está dirixido a mozos e mozas de toda a comunidade. A temática das propostas xirará en base ao deporte e á tradición e culturas galegas. En total, repartiranse 600 euros en premios. Cada temática terá o seu espazo acorde co entorno, coa finalidade de achegar a mensaxe de cada obra á xente que visite os espazos. Mentres os graffitis coa temática de deporte e valores se realizarán nos muros do complexo deportivo de Fontenla; os que se refiran ó valor da tradición e do rural realizaranse no novo entorno da rúa Rosalía de Castro. Con este concurso o concello de Santa Comba quere implicar á xuventude, tanto do municipio como do resto da comunidade, na posta en valor de espazos deterioriados a través da arte urbana na súa expresión do graffitti. Ademais de motivar á mocidade e que se expresen a través da arte e darlle unha nova imaxe a espazos case abandonados. As bases do concurso poden consultarse a través da páxina web municipial ou solicitar máis información na oficina municipal de información Xuvenil a través do número de teléfono 981 81 87 10. Fonte

Comentarios