Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Santa Comba organiza unha xornada informativa sobre a nova lei de espectacúlos

Santa Comba organiza unha xornada informativa sobre a nova lei de espectacúlos
O próximo martes, 26 de xuño, o auditorio do Multiusos de Santa Comba acolle a partir das 21 horas, unha xuntaza informativa sobre a aplicación da nova lei de espectáculos públicos e actividades recreativas. A xuntanza - organizada polo concello - está dirixida a todos os interesados en xeral, e en especial ás comisións de festas, clubes deportivos, xestorías, axentes de seguros, asociacións deportivas e/ou culturais, axentes promotores/organizadores de actividades de calquera tipo, restaurantes, axentes intermediarios e propietarios, imprentas ou axencias de publicidade, instaladores de estructuras móbiles, eventuales ou desmontables. A nova normativa afecta, en xeral, a todo tipo de espectáculos públicos e actividades recreativas, tanto de organización pública como privada, levada a cabo en instalacións públicas ou privadas; para actividades lucrativas ou non lucrativas; tanto para actividades esporádicas como habituais onde esté previsto a congregación de persoas. E en especial, si está prevista a instalación calquera tipo de estrutura, móbil, eventual ou desmontable sexa do tipo de sexa (camións escenario, carpas, baños químicos, atraccións de feira, postos de artesanía, roupa, xoguetería, stands, etc). A aplicación da nova lei afecta a todo tipo de actividades tales como torneos de fútbol, teatro, feiras temáticas, circos, mítines, bodas, xuntanzas en lugares públicos, e por suposto, festas e verbenas populares organizadas por agrupacións ou asociacións de veciños ou por comisións de festas, entre outros. Fonte

Comentarios