Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Santa Comba ponse en marcha coas obras

Santa Comba ponse en marcha coas obras
A alcaldesa, o concelleiro delegado de obras e o representante dunha empresa adxudicataria no acto da sinatura do contrato administrativo A alcaldesa, o concelleiro delegado de obras e o representante dunha empresa adxudicataria no acto da sinatura do contrato administrativo O Concello de Santa Comba non descansa en agosto. De feito, veñen de asinar os contratos para a execución de variias obras por un total de 700.000 euros, como son a Rehabilitación e conservación da Casa da Cultura; a Rehabilitación e conservación da piscina climatizada e do pavillón polideportivo; o Abastecemento de auga a zona norte da Pereira e a Pavimentación da estrada Portocarreiro -A Illa- Freixeiro- Vilarnovo- Estrada de Santiago.

Casa da Cultura

As actuacións que se levarán a cabo na Casa da Cultura son: ▪ Substitución tellas, illado do baixo cuberta con proxectado e repoñer canalóns e baixantes con zinc. ▪ Substitución do lucernario. ▪ Rexeneración da fachada con illamento térmico para impermealizala e mellorar a eficiencia enerxética da futura calefacción. ▪ Colocación de fiestras con maior capacidade de illamento. ▪ Mellora estética da entrada do edificio revestindo a marquesina con zinc e pechándoa con cristal. A entrada realizarase con portas de apertura automática. ▪ Reposición das beirarrúas en pedra para crear unha contorna integrada coa fachada principal. Na Piscina climatizada e pavillón polideportivo: ▪ Acondicionamento do palco do pavillón para ubicar vestiarios. ▪ Acondicionamento da piscina e o pavillón, eliminando os pavimentos, paredes e teitos en mal estado. ▪ Acondicionamento do piso do pavillón con piso de caucho de primeira claidade e se pintan as paredes da pista. ▪ Acondicionamento dun espazo aberto para aumentar a superficie do ximnasio e conexión da piscina co pavillón. Ademais, sobre o abastecemento de auga a zona norte da Pereira, estas son as actuacións: ▪ Subministración domiciliaria de agua potable. ▪ Grupo de presión para garantir unha presión mínima de 4 atm no punto máis alto da rede. ▪ As obras conectaranse a un ramal DN-200 do depósito de San Cristovo. ▪ Movementos de terras, reposicións e reforzos, xestión de residuos, resposición de gavias e conexión ao transformador. Pav. Portocarreiro, A Illa, Freixeiro, Vilarnovo e outros ▪ Limpeza de cunetas, bacheo previo e ampliación do ancho para conseguir un pavimento útil entre 5,50 e 6 m.

Fonte

  • Concello de Santa Comba

Comentarios