Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Santa Comba recupera o sendeiro dos muíños da Illa

Santa Comba recupera o sendeiro dos muíños da Illa
Alcaldesa de Santa Comba con Nava Castro polo sendeiro de Illa María Pose, Alcaldesa de Santa Comba, con Nava Castro polo sendeiro de Illa

O novo sendeiro recuperado arredor dos muíños convirte o conxunto etnográfico turístico e natural da Illa, na parroquia de Freixedo, Santa Comba, nun novo atractivo turístico, incluído no xeodestino Terras de Santiago. Así o ratificou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que visitou o lugar da man da alcaldesa María Pose.

A actuación incluíu a rehabilitación de tres muíños así como as sendas naturais, a dotación de mobiliario urbano e a sinalización turística con información sobre flora e fauna deste espazo natural. Un investimento de 33.000€ para disfrutar do pracer de pasear pola natureza.

Comentarios