Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Santa Comba tamén recicla o que se enchufa

Santa Comba tamén recicla o que se enchufa

Continúa en marcha a Campaña de información e sensibilización sobre a importancia de reciclar os residuos de aparatos eléctricos e electrodomésticos. “O que se enchufa, recíclase” xa pasou por Malpica, e estes días 3, 4 e 5 de abril, o posto informativo está dentro da Casa de Cultura en horario de 11:00 a 14:00 h. e 16:00 a 18:00 h.

Pasen a tomar nota desta campaña que está a percorrer Galicia para concienciar á poboación sobre a importancia de depositar os RAEE nos puntos habilitados, pero tamén para que os puntos de venda sexan conscientes da importancia de colaborar na súa recollida. Para facelo dun xeito ameno, as persoas que visiten o stand poderán participar nun xogo no que obterán un premio só por participar.

Fonte

Comentarios