Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un accidente múltiple deixa un ferido en Santa Comba

Un accidente múltiple deixa un ferido en Santa Comba
Unha persoa resultou ferida tras producirse un accidente entre catro coches. Ao fío da 01:30 horas desta pasada madrugada do domingo ao luns tiña lugar o accidente na Rúa Rosalía de Castro, á altura do número 1 e que, polo menos, unha persoa estaba ferida. No transcurso da chamada outro alertante indicaba que había varios coches implicados dos cales un deles estaba estacionado. Así, decontado, o persoal do Centro Integrado ás Emerxencias de Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, das Forzas da Orde e dos Bombeiros de Santa Comba. Tras chegar ao punto, tanto os membros do parque comarcal como os axentes de Tráfico confirmaron que foron catro, os vehículos que se viron implicados e só unha persoa resultou ferida.

Fonte

  • AXEGA.

Comentarios