Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un colexio xalleiro, exemplo da implantación do sistema plurilingüe en educación infantil

Un colexio xalleiro, exemplo da implantación do sistema plurilingüe en educación infantil
Premio para o CPR plurilinge Nuestra Senora Inmaculada de Santa Comba Moi positivo o recoñecemento que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de realizar ao colexio CPR plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada de Santa Comba. O centro xalleiro vén de ser premiado coa “Estrela Edulingüe”, xa que é un dos poucos colexios de Galiciaque contan coa acreditación de centro plurilingüe en educación infantil. Así foi recoñecido no acto presidido polo conselleiro Román Rodríguez ao que acudiron a directora do centro Beatriz Quintela Fernández e a profesora do proxecto plurinfantil, Natalia García Gesto. O Nuestra Señora Incamulada impulsou nos tres cursos de educación infantil “a comunicación das rutinas diarias en lingua inglesa”. Unha aposta polos idiomas que conta co respaldo do proxecto “Aprendemos actuando”, onde os nenos, tanto de Infantil como de Primaria, escenifican representacións teatrais na lingua inglesa.

"Canto antes mellor"

Desde o centro xalleiro están convencidos de que a idade máis adecuada para comezar a aprendizaxe dunha terceira lingua é a de “canto antes mellor”, xa que, en idades temperás, “o cerebro conta cunha gran plasticidade, o que permite asimilar coñecementos de forma inconsciente máis rápida e eficazmente e sen ningún tipo de presión social ou medo a cometer erros”.

Fonte

  • Concello de SAnta Comba.

Comentarios