Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha Primavera Cultural en clave de letras galegas por Santa Comba

Unha Primavera Cultural en clave de letras galegas por Santa Comba

Presenta o Concello de SAnta Comba a súa Primavera Cultural moi vencellada ás Letras Galegas. O programa comeza o 15 de maio coa entrega de premios do XIX Concurso Redacción para escolares.

Como vemos abaixo haberá citas fotográficas, pero ademais haberá un espectñaculo de música infantil o 6 de maio con “Enredando con Pakolas”, unha proxección o 14 de maio para os alumnos do IES Terra do Xallas, unha obra de teatro con Baobab o 22 de maio e uns monicrequues o 26.

Concurso de Fotografía

Xa poden os amantes da fotografía presentar as vosas imaxes. Hai dúas categorías (foto e reportaxe (8-10fotos) tendo como tema “Santa Comba”, pois o certame pretende promocionar os recursos culturais e naturais do concello xalleiro.

Con case 300€ en premios, poden xa enviar as vosas fotos a [email protected].

O 8 de xuño saberemos os gañadores e coñeceremos as súas obras.

Comentarios