Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O Xulgado anula un novo expediente imposto á Secretaria Municipal

O Xulgado anula un novo expediente imposto á Secretaria Municipal
O Xulgado anula un novo expediente imposto á Secretaria Municipal

Novamente unha sentencia do Xulgado do contencioso-administrativo nº 4 da Coruña en contra do goberno do Concello de Coristanco. Desta volta vén de anular un dos expedientes disciplinarios presentado polo alcalde, Abraham Gerpe, impostos á Secretaria Municipal.

Nesta ocasión a Secretaria do Concello realizara unha instrución para que o persoal do Rexistro e os cidadáns procederan ao rexistro de documentos coas maiores garantías para estes e para o Concello, segundo a normativa de administración electrónica.

Gerpe, que en meses pasados recoñecía en varias providencias municipais a súa incompetencia para controlar a plataforma electrónica, pero que quería facer as cousas legais e que o seu novo goberno “priorizaba a transparencia e legalidade”, procedeu á contratación urxente dun asesor externo (como denunciaran BNG e En Marea, quen resultou ser Antas Hernández Vento, parente dun Xuíz de Carballo.

Foi aí cando Gerpe rexeitou o rexistro da Secretaria Municipal, instándolle a volvelo facer segundo as súas indicacións, pero manténdose baixo a súa responsabilidade, abríndolle ademais un dos coñecidos expedientes disciplinarios.

O Xulgado anulaou devandito expediente dun xeito bastante rotundo: “la resolución impugnada carece absolutamente de cualquier razonamiento para justificar la imposición de la sanción de apercibimiento... cuxo contido no incorpora, ni con las incidencias que no describe, lo cual genera una evidente indefensión a la recurrente, suponiendo además un quebrantamiento de la presunción de inocencia que la ampara, y vulnerando lo dispuesto en el art. 24 de CE”.

Coma vén sendo habitual o Concello terá que pagar as costas á funcionaria, así coma que, a pesar do asesoramento de dito despacho, e tamén terá que pagar ao asesor doblemente, polo seu informe non disciplinario e pola representación letrada nos Xulgados.

Novas relacionadas

Máis novas do sainete coristanqués

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios