Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta reforza as liñas de autobuses para os estudantes de Coristanco

Reunion a semana pasada en Coristanco coa Conselleira Anxeles Vazquez
Imaxe da reunión a semana pasada en Coristanco coa Conselleira Ánxeles Vázquez
A Xunta reforza as liñas de autobuses para os estudantes de Coristanco
Está sendo complicada a nova revolución do transporte en Bergantiños. Abrir as liñas escolares ao público xeral parece unha medida ben axeitada, se ben o transporte a demada vai haber que ir vendo que tal funciona, unha vez que non sempre sabemos cun día de antelación cal vai ser a nosa viaxe. En todo caso, semella que a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade está estudando cada caso.

Así, tras reunirse cos responsables do Concello de Coristanco, vai reforzar os servizos para facilitar os desprazamentos dos estudantes deste municipio nos institutos da contorna. A nova liña 24, Rial-Carballo-Estación de Autobuses, realizará a partir do vindeiro xoves, día 12, as expedicións adaptadas ás entradas e saídas dos centros educativos de Carballo, os institutos Alfredo Brañas e Isidro Parga Pondal. Esta modificación permite facilitar a parada nos institutos duns 30 alumnos deste municipio

Nos servizos da nova liña 24 destaca tamén a inclusión de dúas novas expedicións, que permitirán a conexión entre Coristanco e Carballo durante os días de feira en Carballo.

Nesta expedición, introdúcese ademais a modificación da orde das paradas do final da mesma, pasando a ser a Estación de Autobuses de Carballo a parada cabeceira, realizándose nesta expedición a parada do centro médico a demanda.

O funcionamento da actual liña 04, Rial-Centro Médico, manterá os itinerarios e servizos actuais, coa parada cabeceira no centro médico.

Melloras da rede de abastecemento da Centiña

Así mesmo, a Deputación anuncia o investimento de preto de 424.000 euros na renovación da rede de abastecemento de auga de Centiña (Coristanco). As obras consistirán na substitución da antiga rede de fibrocemento por unha nova de fundición dúctil que evite as continuas roturas e averías que sofren os veciños.

As obras veñen de saír a licitación na Plataforma de Contratación do Estado e serán financiadas ao 100% con fondos do Plan Único (POS+2019), co que tamén mellorarán os camiños rurais en Agualada, San Paio e Xaviña

Comentarios