Venres. 18.10.2019
El tiempo

¿Cando chega o verán?

¿Cando chega o verán?
O tempo... un deses temas tan recurrentes en calquera conversa e que a, 9 de xullo, os galegos facémonos a pregunta de... ¿Cando chega o verán? Pois, segundo nos informan os nosos compañeiros de 4 gotas, haberá unha melloría principalmente nas zonas situadas cara a zona sur. Hoxe xa haberá un claro ascenso das temperaturas, así que preparade toalla e bañador que hai día de praia. Mañá, xoves, as temperaturas seguen máis ou menos na mesma liña que nestes últimos días e, o venres os termómetros volverán a subir e previsiblemente lucirá o sol nas horas centrais do día. Pero ollo, a nebulosidade seguirá presente polas mañás e polas noites. De cara á fin de semana, volven as nubes e o domingo incluso o orballo. Así que a aproveitar as raiolas que veñan.

Comentarios