Sábado. 17.04.2021
El tiempo

5 libros costeiros entre os finalistas aos Premios Follas Novas

Aramados de Manuel Garcia Gerpe con Alvarellos
Aramados, libro traducido por Miro Villar, finalista dos Follas Novas
5 libros costeiros entre os finalistas aos Premios Follas Novas

A Asociación Galega de Editoras vén de facer pública a listaxe de 40 títulos finalistas aos Premios Follas Novas do Libro Galego.

O certame, que cambiaron este ano de denominación, repasa as novidades deste singular curso 2020 e a súa resolución darase o vindeiro 15 de maio nunha gala no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Estes son os finalistas costeiros:

  • Zona a defender (Edicións Xerais de Galicia), Manuel Rivas, na categoría de Ensaio.
  • Aramados (Alvarellos Editora), Manuel García Gerpe, traducido por Miro Villar, na categoría de Tradución.
  • Ninguén morreu de ler poesía (Edicións Xerais de Galicia), Aldaolado (Lucía Aldao e a ceense María Lado) na categoría de Poesía.
  • Entre donas (Baía Edicións), varias autoras entre as que temos a Marilar Aleixandre, membro do Batallón Literario da Costa da Morte e con familia de Toba, e á poeta Carballesa Rosalía Fernández Rial, na categoría de Narrativa.
  • Pequena historia da Coruña (Edicións Embora), do malpicán Xosé Alfeirán e Xosé Tomas, na categoría de Banda Deseñada.

 

Novas costeiras sobre libros

comentarios