Martes. 15.10.2019
El tiempo

Dos 639€ da pensión media de Mazaricos aos 930 da de Corcubión

  • A Costa da Morte ten máis de 39.000 pensionistas, o que supón case o 30% da poboación total
Mapa das pensións por Concellos da Costa da Morte-Fonte-IGE
Mapa das pensións por Concellos da Costa da Morte-Fonte-IGE
Dos 639€ da pensión media de Mazaricos aos 930 da de Corcubión

Novos datos do IGE sobre as pensións, que nos permiten afondar na crise demográfica que afronta a nosa comarca e todo o país.

A pensión media nos 19 concellos das 5 comarcas da Costa da Morte sitúase 752€. Unha media que está moi lonxe dos 930€ da media do conxunto de Galicia, onde sobresaen un par de puntos interesantes: os homes teñen unha pensión un 35,6% superior ao das mulleres; e hai un 10% da poboación pensionista que sobrevive con menos de 429,95 euros.

Na bisbarra, as cifras son precarias. Só superan os 800€ de pensión 7 concellos (Corcubión, o único que mesmo supera os 900, Cee, Fisterra, Dumbría, Ponteceso, Muros e Carnota, que practicamente se sitúa nesa cifra).

Por contra, os pensionistas de 6 concellos non chegan aos 700€ (Cabana, Muxía, Vimianzo, Zas, Mazaricos e Santa Comba), as zonas máis dedicadas ao sector primario, sen industria e sen incidencia do sector público.

Por comarcas, sen dúbida a do Xallas é a máis baixa, con 642€ de media, mentres que as de Muros e Fisterra son as máis pudiente con 831€ e 817€ respectivamente.

É certo que as pensións subiron uns 30-40€ con respecto ao 2016 e uns 100€ con respecto a 2011. Pero o poder adquisitivo non puido medrar.

Pensión media por Comarcas (2018)

Comarca Pensión media (€)
Fisterra 817,61
Comarca de Muros 831,63
Bergantiños 747,03
Terra de Soneira 673,23
Xallas 642,66

Pensión media por Concellos (2018)

Concello Pensión media (€)
Cabana 676,49
Carballo 753,23
Coristanco 703,41
Laracha, A 737,63
Laxe 698,97
Malpica 776,44
Ponteceso 833,3
Cee 878,32
Corcubión 930,09
Dumbría 825,40
Fisterra 827,03
Muxía 699,39
Carnota 798,63
Muros 850,89
Camariñas 711,79
Vimianzo 653,10
Zas 662,79
Mazaricos 649,53
Santa Comba 639,20

Número de pensionistas concello a concello

A Costa da Morte ten máis de 39.000 pensionistas, o que supón case o 30% da poboación total, un 3,5% máis que en 2011, dato que demostra o avanve do envellecemento na bisbarra. En Galicia xa son 667000 os pensionistas, o que supón un 24,7% da poboación galega (2.699.000), dando conta de que a nosa bisbarra está 5 puntos máis envellecida que o total do país.

Pensionistas 2011 2018
Cabana 1421 1482
Carballo 6530 7432
Coristanco 2104 2078
A Laracha 2716 2942
Laxe 865 947
Malpica 1939 1920
Ponteceso 1927 1922
Cee 1754 1820
Corcubion 374 383
Dumbría 999 1000
Fisterra 1193 1303
Muxía 1455 1649
Carnota 1645 1535
Muros 2585 2631
Camariñas 1529 1604
Vimianzo 2143 2253
Zas 1582 1578
Mazaricos 1549 1529
Santa Comba 2916 3041
Total 37226 39049
% Pensionistas/
poboación total
26,1 29,6

 

Novas relacionadas

Comentarios