Venres. 19.04.2024
El tiempo

85 voluntarios retiran 200 quilos de pequenos plásticos da praia de Razo-Baldaio

85 voluntarios retiran 200 quilos de pequenos plásticos da praia de Razo-Baldaio
limpeza-razo-mar-de-fabula Mar de Fábula encargouse de organizar esta xornada ambiental en colaboración coa empresa Decathlon España e coa Fundación Biodivesidad Uns douscentos quilos de lixo plástico, máis de 800 bastonciños de algodón e unha gran cantidade de cabichas foi o resultado da xornada de voluntariado ambiental que tivo lugar onte na praia de Razo-Baldaio e na que participaron 85 persoas. Esta é unha actividade que organiza anualmente a asociación Mar de Fábula, dentro dun convenio de colaboración asinado coa empresa Decathlon España e coa Fundación Biodiversidad. Para levar a cabo estes traballos de limpeza, contaron co apoio loxístico do concello de Carballo. Os participantes dividíronse en dous grupos. Un deles limpou a praia de As Saíñas-Baldaio, mentres o outro encargouse da de Razo. Os voluntarios, entre os que había un 30% de nenos e nenas menores de dez anos, comprobaron como, a pesar de que estas praias aínda manteñen o servizo de limpeza habilitado polo concello de Carballo, presentaban moito lixo plástico principalmente de pequeno tamaño entre os que había anacos de porexpan, redes, chicotes, restos de caixas, botellas,... Os voluntarios tamén se sorprenderon da cantidade de cabichas que había na praia e dos bastonciños de algodón que chegan ás praias como resultado dun mal hábito doméstico e das deficiencias no tratamento das augas residuais. razo-mar-de-fabula O 30% dos voluntarios foron nenos e nenas de menos de dez anos O bo tempo acompañou aos voluntarios durante a xornada de limpeza a pesar de que ao comezo da actividade choveu con intensidade. E para rematar, os participantes compatiron un pequeno xantar na área recreativa de Razo dende a cal contemplaron a beleza deste espazo natural.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios