A Asoar – Armega defendeu a Pesca Artesanal en Bruxelas
10:07 22/11/10
Xa apuntábamos a semana pasada a importancia de que unha entidade da Costa da Morte chegase ata o Parlamento Europeo. Facíamolo repasando todas as súas actuacións no mundo do mar que avalan a devandita entidade, e que demostran que se chegan a onde están, é a base de traballo e de bo para facer para o sector, para a pesca artesanal.
Pero é que a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia, Asoar – Armega (ASOAR_ARMEGA), foi a Bruxelas cun documento baixo o brazo, e co respaldo da entidade mundial Greenpeace, que fai referencia á Asoar dende o seu blog. Un documento que presentou no último debate da Unión Europea sobre Política Pesqueira Común, e que representaba a milleiros de mariñeiros de baixura de toda a Costa da Morte, de toda Galicia, de toda a península e de toda a Europa.
Un documento feito na costa que propón unha “alternativa real, sostible, racional e de desenvolvemento para a pesca costeira artesanal”. Nel proponen un novo enfoque para esta flota, apostando por revalorizar e favorecer este tipo de actividade pesqueira tendo en conta os diversos factores e características específicas que fan que a pesca artesanal poida alcanzar un desenvolvemento sostible.
“Outro futuro para as pesqueiras”
Así se titulaban as xornadas que se celebradan o 16 de novembro en Bruxelas, que presidía a Comisaria de Pesca, María Damanaki. A Comisaria comezou a exposición avisando da sobreexplotación mundial no mar. Nesa liña, o sector artesanal pensa en ecoloxismo, pensa en medio ambiente. Pois mentres a altura é devastación, na pesca artesanal “O medio ambiente é a economía”, como asegurou a Comisaria. “Creo que o único xeito san para lograr o cambio que necesitamos é a través da innovación e o crecemento intelixente – precisamente como se propón na Estratexia UE 2020”, afirmou.Loitando pola pesca artesanal
Asoar Armega considera necesario facer unha distinción clara e concreta, entre pesca de altura e de baixura, ademais dun tratamento específico para a pesca artesanal, contemplando liñas de axuda e financiamento específicas de maior importancia que as actuais para a pesca de baixura-artesanal e as zonas costeiras. O equipo da Asoar Armega, formado por Yolanda Lista Periscal e Luis Rodríguez (este aquí enriba escoitando a conferencia, e ambos á dereita na primeira foto), puido compartir experiencias nun encontro con pescadores artesanais gregos, suecos, franceses, italianos, ademais de diversas organizacións ambientais como Greenpeace, Ocean2012, Ecoloxistas en Acción entre outras, atopando moitos puntos e liñas de traballo en común entre organizacións de diferentes países, axuntando esforzos para situar á pesca costeira artesanal no marco adecuado dentro da Política Pesqueira Común.Novas relacionadas
- A Asoar – Armega defendeu a Pesca Artesanal en Bruxelas.
- A Asoar-Armega debate sobre Política Pesqueira Común no Parlamento europeo.
- Polémica en torno ao novo Seguro do Mar.
- A Asoar Armega demostra o seu peso no sector e estudia ca Xunta a xestión da pescada.
- A Asoar-Armega recibe un Premio ao "Traballo Digno".
- O Ministerio escoita á Asoar-Armega.
Seguridade no mar
- Exercicios prácticos e reais de Salvamento en Laxe coa Asoar-Armega.
- A Asoar Armega traballa a nivel estatal pola seguridade no mar.
- ASOAR presenta en Corme a Guía de boas prácticas para o percebe.
- Sesión práctica e real de salvamento en Camariñas.
- Polo uso dos equipos de salvamento no mar.
- ASOAR-ARMEGA recibe unha nova axuda para desenvolver guías de prevención de riscos laborais no mar.
Limpando as nosas rías
- 14-12-09: 12 toneladas menos e un novo exemplo de sustentabilidade no mar.
- Limpando a ría de Camariñas.
- Limpando a ría de Corcubión.
- Limpando a ría de Fisterra.
- Un repaso sustentable á ría de Corcubión.
- Editorial: Limpando, propoñendo e concienciando.
Divulgación e dignificación no mar
- A pescada “Aida” achega aos nenos das terras de Fisterra a realidade mariña e o respecto ao medio.
- A Asoar achega o mar aos alumnos do colexio de Quenxe.
- Asoar-Armega achega o mar aos nenos a través dun conto.
Estudios da ASOAR
- Dous novos estudios da Asoar-Armega de I+D+i.
- Asoar fai a súa valoración e alternativas de futuro para a situación actual da pesca de baixura.
- Memoria de 3 anos de traballo en prol do sector pesqueiro.
- A Asoar-Armega repasa a caída do sector pesqueiro de artes menores.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).