Venres. 29.03.2024
El tiempo

A ASOAR volve a Bruxelas para ser a voz da pesca artesanal

A ASOAR volve a Bruxelas para ser a voz da pesca artesanal

Este martes 11 de outubro, José Luís Rodríguez, xa en calidade de Presidente da Asociación de Pequenos Armadores de Galicia (ASOAR ARMEGA), volve ao Parlamento Europeo, sendo de novo, a voz da pesca artesanal de toda Europa. O patrón corcubionés participará na audiencia “Viabilidade económica e solucións para a pesca a pequena escala e as zonas costeiras na UE no contexto da reforma da Política Pesqueira Común”.

A audiencia estará coordinada pola Presidenta do Comité de pesca, Carmen Fraga Estévez, e participarán ademais de Asoar-armega, distintas agrupacións de pescadores artesáns de outros puntos de Europa: Francia, Irlanda, Polonia ou Portugal, exercendo nesta ocasión Asoar-armega a representación da pesca artesanal española.

A asociación viaxará a Bruxelas convidada pola propia Presidenta do Comité de Pesca, e aproveitará esta oportunidade para potenciar a pesca artesanal e reivindicar a necesidade de situar a esta pesquería, considerada sostenible, no contexto da reforma da PPC, demandando unha definición urxente clara e real, que diferencie este tipo de pesquerías das denominadas industriais, demandando ademáis un maior peso nas decisións e políticas da Unión Europea, e un sistema e fondo de financiación propio.
"De non ser así a pesca artesanal volvería quedar sometida a rexímenes, esquemas e políticas ilóxicas e inasumibles, máis ben propios doutro tipo de pesquerías", explican dende a entidade.

De feito o pasado mes de xulio fíxose público o borrador da futura PPC no que se pode observar que "apenas se mencionan este tipo de pesquerías. Polo que pensamos que é moi importante poder acudir ao Centro do Parlamento para defender os nosos intereses e plantexar as nosas reivindicacións, para que non volvamos quedar esquencidos nas políticas europeas", sinalan.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da ASOAR-ARMEGA.

Comentarios