Venres. 29.03.2024
El tiempo

A CIG pídelle ao PP que clarifique a súa postura sobre o caso Ferroatlántica

A CIG pídelle ao PP que clarifique a súa postura sobre o caso Ferroatlántica
Foto-Rafa Quintans Foto-Rafa Quintáns

A negativa do PP á moción presentada polo BNG de Cee deste pasado venres vén de levantar suspicacias entre a sección sindical da CIG en Ferroatlántica Cee-Dumbría- Centrais Hidroeléctricas. De feito, a CIG, ao tempo que agradece o apoio amosado pola maioría do pleno de Cee (votaron a favor BNG, PSdG, IxCee, Ciudadanos e Zaira Rodríguez) considera "inxustificábel e irresponsábel" a negativa do PP, “xa que alenta a empresa a que siga explotando os nosos recursos naturais sen que os beneficios revertan na comarca”.

A CIG lembra que a paralización de dous fornos e desviar a produción a outras fábricas supoñen "un intento claro de deslocalizar a produción, a través do que Ferroatlántica pretende crear as condicións para xustificar a aplicación dun ERE". Neste senso, denuncian que “FerroGlobe está subministrando con produción feita noutras plantas a clientes das fábricas da Costa da Morte, cando esa carga de traballo se podía estar realizando aquí”.

Ula concesión?

Nese sentido, e como tamén pedía En Marea, a CIG reclámalle “ao PP que clarifique e explique a súa posición contraria á moción aprobada polo Pleno, pois é un partido con responsabilidade de Goberno na Xunta de Galiza e polo tanto ten que velar polo cumprimento das condicións da concesión como garantía da viabilidade das fábricas e dos empregos".

Ademais piden tamén ao PP que aclare cal é o modelo económico que quere para a comarca e, nomeadamente, para o concello de Cee: "ou aposta por un modelo de xeración de emprego na única zona portuaria industrial da Costa da Morte (cun enorme potencial para a situación de novas industrias), ou opta por un modelo especulativo que non xera emprego”.

  • Máis novas do conflito #Ferroatlántica

  • Comentarios