Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte recibe 660.000 euros para a creación de emprego

A Costa da Morte recibe 660.000 euros para a creación de emprego
emprego-costa-morte As axudas destinaranse para desenvolver traballos de servicios locais básicos O Boletín Oficial da Provincia publicou onte as asignacións económicas que corresponden a cada concello a través do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. O ente provincial destina durante 2018 un orzamento 2,8 millóns de euros para apoiar aos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos, dos cales 700.000 euros se destinarán á Costa da Morte. As asignacións económicas que correponden a cada concello oscilan entre os 19.000 e os 52.000 euros en función do número de parados rexistrados en cada municipio. A totalidade dos concellos coruñeses que optaban a estas axudas obtiveron as subvencións, agás Coristanco, por non ter aprobada e presentada ante os órganos de control externo a última conta xeral do municipio. Segundo subliñou o presidente provincial, Valentín González Formoso, a Deputación manterá en 2018 a súa aposta polo emprego como a principal prioridade e o eixo transversal de todas as súas políticas. Neste sentido, Formoso lembrou que a liña de apoio aos concellos do PEL, que nos exercicios 2016 e 2017 permitiu a creación de 996 postos de traballo nos concellos coruñeses, aspira a crear este ano arredor de 500 novos empregos, priorizando a inserción laboral das persoas con maiores dificultades. Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar, ata o 31 de decembro de 2018, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos. Bases de contratación Os operarios, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento de alcantarillado e alumeado público, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de parques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais. A Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes. Dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas admininistracións públicas. ASIGNACIÓNS DA LIÑA PEL-CONCELLOS 2018 POR MUNICIPIOS (En función do número de parados de cada concello)
  • CORCUBION: 24.958,95 €
  • MAZARICOS: 30.992,05 €
  • CARNOTA: 31000 €
  • DUMBRIA: 31000 €
  • ZAS: 34000 €
  • PONTECESO: 34000 €
  • LAXE: 34000 €
  • CABANA: 37000 €
  • MUXIA: 37000 €
  • MALPICA: 40000 €
  • CAMARIÑAS: 39.803,39 €
  • FISTERRA: 43000 €
  • VIMIANZO: 45.821,85 €
  • MUROS: 46000 €
  • CORISTANCO: 49000 €
  • SANTA COMBA: 49000 €
  • CEE: 49000 €

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios