Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte véndese unida en Portugal

A Costa da Morte véndese unida en Portugal
Representantes do sector Turistico da Costa da Morte co Cluster en Oporto Representantes do sector Turistico da Costa da Morte co Cluster en Oporto Non paran os representantes do sector turístico da Costa da Morte. Apenas unha semana despois de participar na WTM de Londres unha expedición costeira está estes días en Oporto participando nos Workshop de Destino de Proximidade que está organizando o Clúster de Turismo de Galicia, do que forma parte Jesús Picallo, do Semáforo. O empresario costeiro está acompañado polos representantes da CMAT, Pablo Canosa das Eiras, Enrique Pérez Sampedro do Hotel Insua, Estrella do Hotel Arenal de Fisterra, e Juan Blanco, presidente da entidade e alcalde de Mazaricos, dando conta do que parece ser xa un sector cada vez máis unido. Baixo o paraugas co Clúster estiveron realizando unha serie de encontros directos con 45 axencias e touroperadores portugueses, unha vez que son un perfil ideal para ir venderlle os nosos mellores produtos. O Camiño dos Faros, o Camiño de Santiago, ou as sendas naturais seguen a ser as nosas mellores bazas para os posibles visitantes deste destino de proximidade (apenas 3 horas dende Oporto) moi interesante sobre todo para temporada baixa, como explica Canosa. A xornada, despois do intenso workshop, rematou cunha degustación de pinchos da terra que levou o Clúster. Precisamente nesa liña continúan a traballar para achegarse aos lugares dende onde veñen moitos turistas á nosa zona. O Clúster segue analizando eses datos de procedencia para seguir organizando viaxes de traballo directos para promocionar a bisbarra.  

Famtrip dos faros

Noutra liña traballan os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, que organizan unhas xornadas de familiariación para a Ruta dos Faros. Así invitan ás empresas da zona a coñecer os principais recursos turísticos dos correspondentes territorios da Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa. Serán 3 FamTrips visitaranse os espazos máis importantes desta ruta buscando a identificación destes recursos por parte das empresas do territorio e as dos concellos limítrofes O primeiro Fam Trip será o correspondente ao territorio do GALP Costa Sostible o vindeiro luns 26 de novembro. A segunda quenda será para o GALP Ría de Arousa o venres 30 de novembro. O último destes programas será no territorio do GALP Costa da Morte o vindeiro luns 3 de decembro. As persoas interesadas en participar deberán escribir ao correo electrónico [email protected] ou ben cubrir o seguinte formulario: http://bit.ly/FamTripsRutadosFaros. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o vindeiro xoves 22 de novembro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-presente-na-feira-de-turismo-wtm-de-londres/ https://quepasanacosta.gal/turismo-fisterra-renova-a-union-do-sector-e-reconece-aos-clasicos/ https://quepasanacosta.gal/a-cmat-da-novos-pasos-cara-a-implementacion-do-centro-btt/

Comentarios