A Deputación mellorará o firme e reparará os baches nos máis de 2.000 quilómetros de estradas da súa titularidade na provincia coruñesa
A Deputación da Coruña abriu onte o proceso de licitación da primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais para o 2018, dotado cun orzamento de 7.799.835 euros. A licitación realízase de forma integramente electrónica, a través da
Plataforma de Contratación do Estado, tal como establece a nova Lei de Contratos de Sector Público de 9 de marzo de 2018. Nesta plataforma publícanse os pregos, anuncios de licitación, consultas a provedores e desenvólvense todos os trámites ata a adxudicación definitiva do contrato.
O deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial, José Manuel Pequeño, explicou que este programa contempla a execución de traballos de mantemento, mellora do firme e reparación de baches nos
máis de 2.000 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a “mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria nas estradas coruñesas e reducir a sinistralidade", afirmou.
Pequeño lembrou que ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación ten en marcha un programa destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, dotado con 4 millóns de euros para o período 2017-2018. Por primeira vez, estas tarefas son obxecto dun contrato independente do Plan de Conservación, co obxectivo de mellorar e axilizar este servizo no que se inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas, para facilitar a visibilidade e a circulación, evitar a propagación de incendios e incrementar a drenaxe de augas pluviais.
4.000 euros por quilómetro
A primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais suporá un investimento de preto de 4.000 euros por quilómetro destinados integramente á reparación e mantemento das estradas dos concellos coruñeses, divididos en 36 grupos.
GRUPO DE ESTRADAS
|
ORZAMENTO |
GRUPO 1A ORTIGUEIRA |
295.940,46 |
GRUPO 1B CARIÑO |
129.935,11 |
GRUPO 2 MAÑON E AS PONTES |
243.399,51 |
GRUPO 3 CEDEIRA, CERDIDO E VALDOVIÑO |
156.620,77 |
GRUPO 4 FERROL E NARON |
179.068,83 |
GRUPO 5 MOECHE, SAN SADURNIÑO E AS SOMOZAS |
369.335,11 |
GRUPO 6 ARES, FENE,MUGARDOS E NEDA |
88.148,83 |
GRUPO 7 CABANAS, MIÑO, PADERNE E PONTEDEUME |
221.006,31 |
GRUPO 8 IRIXOA, MONFERO E VILARMAIOR |
305.410,91 |
GRUPO 9 OLEIROS E SADA |
248.801,24 |
GRUPO 10 CAMBRE, BERGONDO E BETANZOS |
293.337,52 |
GRUPO 11 ABEGONDO, CARRAL E OZA-CESURAS |
291.889,84 |
GRUPO 12 ARANGA, BETANZOS, COIROS, CURTIS E OZA-CESURAS |
277.441,08 |
GRUPO 13A FRADES, ORDES, OROSO E O PINO |
194.045,53 |
GRUPO 13B BOIMORTO, MESIA E VILASANTAR |
309.875,16 |
GRUPO 14 MELIDE, SANTISO, SOBRADO E TOQUES |
181.258,13 |
GRUPO 15 ARZUA, BOQUEIXON, O PINO E TOURO |
167.480,46 |
GRUPO 16 ARTEIXO, A CORUÑA E CULLEREDO |
434.434,60 |
GRUPO 17 CARBALLO, CERCEDA E LARACHA |
352.819,22 |
GRUPO 18 CABANA, MALPICA E PONTECESO |
309.958.38 |
GRUPO 19.- CAMARIÑAS, LAXE, MUXÍA E VIMIANZO |
161.066,42 |
GRUPO 20.- CEE, CORCUBIÓN, DUMBRÍA E MAZARICOS |
157.359,56 |
GRUPO 21 AMES, A BAÑA, NEGREIRA E VAL DO DUBRA |
200.623,86 |
GRUPO 22 ORDES, SANTIAGO, TORDOIA, TRAZO E VAL DO DUBRA |
282.070,43 |
GRUPO 23 MAZARICOS, MUROS E OUTES |
224.857,29 |
GRUPO 24 BOIRO, LOUSAME E NOIA |
208.099,18 |
GRUPO 25 BRION, DODRO, PADRON E ROIS |
281.579,20 |
GRUPO 26 AMES, SANTIAGO,TEO E VEDRA |
207.036,05 |
GRUPO 27 BOIRO E RIANXO |
200.773,93 |
GRUPO 28 POBRA, PORTO DO SON E RIBEIRA |
271.562,62 |
GRUPO 34.- DP 1914 CARBALLO A PORTOMOURO |
167.793,73 |
GRUPO 35.- CORISTANCO, SANTA COMBA E ZAS |
148.109,37 |
GRUPO 36.- D.P.3404.- SERRA DE OUTES A DUMBRÍA |
238.696,60 |
TOTAL |
7.799.835,24 |
Novas relacionadas
Fonte