Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse na Rede Cultural 2015

A Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse na Rede Cultural 2015
E este ano con novidades... Xa que os grupos e intérpretes interesados en participar na programación Rede Cultural para o ano 2015, que convoca a Deputación da Coruña, deberán presentar a súa solicitude unicamente de forma telemática con toda a documentación requerida nas bases publicadas no BOP - Boletin Oficial da Provincia - do 5 de decembro. O prazo está aberto ata o 13 de xaneiro de 2015. Ademais da documentación necesaria, para poder participar nos diferentes programas culturais a Deputación exíse que as agrupacións estar inscritas nesta Rede Cultural. A convocatoria publicada está aberta para dúas categorías: profesional e non profesional. Na categoría non profesional poderán participar: - Bandas de música, bandas de gaitas, corais, música clásica, rondas ou orquestas, grupos de música tradicional galega - Danza: danza tradicional galega, danza contemporánea, danza clásica - Teatro, títeres, maxia, monologuistas,... - Circo e acrobacias e outras actividades Na categoría profesional poderán participar: - Intérpretes de música clásica, jazz, folk, rock, blues - Compañías de danza clásica, contemporánea, danza trandicional galega e outros tipos de danza - Compañías de teatro e títeres: teatro, títeres, maxia, monologuistas, circo e acrobacias. Contratación A Deputación asumirá o 70% do gasto xerado pola contrataciónn destes grupos no caso dos concellos de menos de 5000 habitantes. Para os que están entre os 5001 e os 15000 habitantes, a porcentaxe chegará ao 50% mentres que nos concellos de máis de 15.001 habitantes o organismo provincial asumirá ata o 40% do orzamento total. Pola súa parte, as entidades sen ánimo de lucro que soliciten unha contratación dalgún grupo ou intérprete deberán facer fronte á metade do gasto da actuación e o 50% restante asúmeo a Deputación da Coruña.

Comentarios