Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Deputación investirá 29 millóns nos concellos da Costa da Morte durante o bienio 2017-2018

A Deputación investirá 29 millóns nos concellos da Costa da Morte durante o bienio 2017-2018
plan-unico-deputacion plan-unico-deputacion Durante o bienio 2017-2018 o Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña investirá 166 millóns de euros nos concellos da provincia. Trátase dun “investimento histórico, o maior orzamento contemplado nun plan na historia da Deputación”, segundo apuntou o presidente da institución provincial - Valentín González Formoso - que destacou que supón, con diferencia, o maior plan de cooperación municipal das catro deputacións galegas e un dos máis importantes do territorio nacional, xa que distribuirá entre os 93 municipios coruñeses, con criterios obxectivos e en só dúas anualidades, unha cantidade equivalente ao presuposto anual da Deputación. González Formoso, que onte presentou en rolda de prensa as novidades do plan para 2017 e 2018 xunto ao deputado responsable da área de Plans e Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira, anunciou que o POS+2017 suma aos 74 millóns de euros consignados no seu orzamento inicial para este ano outros 16 millóns de euros procedentes da incorporación de remanentes, co que a dotación orzamentaria definitiva do Plan Único en 2017 ascende ata os 90 millóns de euros. O presidente indicou que o goberno provincial cumpre así o seu compromiso de destinar os remanentes a ampliar o orzamento do Plan Único, facendo que os concellos reciban da Deputación non só máis fondos que o ano pasado, senón o maior investimento provincial dos últimos anos e o maior investimento por concello das catro provincias galegas. Os 90 millóns que o Plan Único destina este ano a investimentos nos concellos coruñeses superan o orzamento anual total de deputacións como as de Lugo (85 millóns de euros) ou Ourense (77 millóns de euros) e multiplican por dous o investimento de programas similares como o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra (40 millóns de euros anuais). A incorporación dos remanentes ao orzamento do plan realizase “de forma automática”, segundo explicou o presidente, que precisou que o programa non esixe tramitar unha nova convocatoria, como se facía antes, nin aprobar novas bases ou levar os novos proxectos ao pleno, polo que os fondos chegarán con gran rapidez aos concellos. Todos os concellos da provincia solicitaron obras nun plan complementario que se aprobou en pleno xunto coas 353 obras que o Plan Único financia xa a día de hoxe nos 93 concellos coruñeses. Nestes días, os concellos están recibindo unha circular da Deputación na que se lles indica o importe exacto que lle corresponde a cada un no reparto deses 16 millóns de euros adicionais. Os concello só teñen que comunicar á Deputación cales desas obras pensan financiar con cargo aos novos fondos do POS+. O deputado responsable da área de Plans e Cooperación, Xosé Regueira, destacou que o Plan Único, ademáis de ser o de maior investimento na historia da Deputación, é “un instrumento pioneiro para articular as relacións da Deputación e os concellos, un plan que chega para quedarse e que está a suscitar un debate para ser replicado noutras administracións” debido á súa utilidade para os municipios, xa que lles permite mellorar a súa planificación orzamentaria ao coñecer de antemán os fondos cos que contarán. POS+2018 Aos 90 millóns de orzamento de 2017 hai que sumarlle os 76 millóns de euros que o goberno provincial vén de consignar ao Plan Único de 2018, cuxas bases e distribución de fondos serán sometidos á aprobación do pleno da corporación mañá venres. En 2018, o Plan Único seguirá obedecendo a tres principios fundamentais: Máis transparencia e obxectividade na asiganción de recursos, porque o reparto seguirá baseándose en criterios obxectivos empregados dende hai máis de dúas décadas no POS (poboación, superficie, número de parroquias e esforzo fiscal) e que xeran un consenso importante entre os concellos; máis autonomía local, porque son os propios concellos, os que mellor coñecen as necesidades dos seus veciños, os que deciden cales son as súas prioridades á hora de investir os fondos que achega a Deputación; e máis saneamento financiero, porque o plan conta con mecanismos para que os concellos podan destinar parte dos fondos a pagar facturas pendentes, reducir a súa débeda ou financiar o seu gasto corrente. Ata o momento, o Plan Único (POS+2017) da Deputación da Coruña financia con case 40 millóns de euros a realización de 353 obras de construción ou mellora de infraestruturas nos concellos da provincia da Coruña, contribúe con 21.675.000 euros a costear o servizos públicos básicos como o alumeado, o mantemento de viais ou a recollida de lixo en 81 municipios coruñeses, e favoreceu que os concellos amortizaran máis de 8,5 millóns de euros da súa débeda con provedores e entidades bancarias. Novas relacionadas Fonte      

Comentarios