luns. 13.01.2025
El tiempo

A Deputación inviste máis de 700.000 euros no arranxo da estrada que comunica Coristanco con Santa Comba

A Deputación inviste máis de 700.000 euros no arranxo da estrada que comunica Coristanco con Santa Comba
Do quilómetro 0 ata o 10. Dentro do plan provincial de mantemento das estradas provincias, a Deputación da Coruña destinará preto de dous millóns de euros. Unha parte irán para a reparación da estrada que comunica Coristanco Santa Comba, onde se mellorará o firme da DP 2904 dende o punto quilométrico cero ata o 10 da estrada por 719.038,45 euros. Neste tramo está previsto renovar a capa de rodadura mediante o estendido dunha mestura asfáltica en quente e a adecuación das tapas de rexistro e sumidoiros. Tamén se aproveitará para realizar a limpeza de maleza nas marxes do viario e beiravías. Tras as obras repoñeranse as marcas viais e volveranse pintar os pasos de peóns e outros símbolos.

Comentarios