Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A esquiar!

campana-esqui-2018-deputacion Cen nenos e nenas das comarcas da Coruña e de Bergantiños inauguran a campaña de Esquí 2018 da Deputación da Coruña Un cento de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Arteixo, Cabana, Cambre, Carballo, Carral, Coristanco, Culleredo, Laxe, Laracha, Malpica, Mazaricos, Oleiros, Ponteceso e Santa Comba participaron en Cabeza de Manzaneda - Ourense - na primeira expedición á neve da Campaña de Esquí 2018, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña. Durante esta fin de semana, os escolares destes concellos coruñeses tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario. O deputado responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, José García Liñares, subliñou a “gran aceptación” coa que conta cada ano este programa, que ata mediados de marzo achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses. “O obxectivo é promocionar a práctica do deporte e, ao mesmo tempo, fomentar a convivencia entre os rapaces”, sinalou García Liñares, que lembrou que a próxima expedición partirá o 16 de febreiro con 100 rapaces das comarcas de Ferrolterra e Ortegal. Novas relacionadas Fonte

Comentarios