Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A federación de Anpas Costa da Morte prepesenta o seu catálogo de intencións ao BNG

A federación de Anpas Costa da Morte prepesenta o seu catálogo de intencións ao BNG
A federación de Anpas Costa da Morte e representantes do Bloque Nacionalista Galego da bisbarra mantiveron recentemente unha reunión na que se expuso un catálogo de intencións Dende a federación de Anpas Costa da Morte consideran que "os concellos teñen nas súas mans a administracion máis achegada á realidade cotiá e tamén teñen o potencial de traballar coas outras administracións públicas para axilizar a relación da cidadanía con institucións moitas veces arredadas ou dificilmente accesíbeis", segundo un comunicado remitido á redacción de QPC. Como nais e pais de nenas e nenos do Ensino Público, de educación infantil, primaria e secundaria, dende a federación de Anpas Costa da Morte entenden que a formación integral, humana e académica, da infancia e a xuventude debe ser o obxectivo principal da administración pública e nomeadamente dos concellos. Tanto desde o punto de vista da competencia propia como dende a perspectiva de intermediarios diante da administración autonómica, a educación debe ser prioritaria nos seus obxectivos, por ser a base dunha sociedade xusta e igualitaria. Resposta positiva Pola súa banda, os representantes do BNG da Costa da Morte e Xallas din que "gobernamos e participamos en gobernos municipais que defenden o Ensino Público, que poñen ao seu servizo os seus recursos e esforzos. Entendemos o ensino como un instrumento esencial ao servizo dunha sociedade galega democrática, igualitaria, inclusiva e participativa, en definitiva dunha sociedade mellor para todos e todas".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios