Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Garda Civil detén a dous darlle unha malleira a un terceiro

A Garda Civil detén a dous darlle unha malleira a un terceiro
A Garda Civil do Posto de Malpica procedeu á detención de dous veciños da mesma localidade e investiga a outros dous por un delito de lesións. Os feitos tiveron lugar o pasado 06 de xaneiro sobre as 11:30 da mañá na Costa de Asalo do Monte Nariga, cando a vítima atopábase de cacería cos seus cans e se lles achegou un vehículo todoterreno branco. Seguidamente baixáronse dous mozos, un deles comezou a golpealo na cabeza tras preguntarlle por uns asuntos persoais e a continuación o outro o agrediu por detrás, os outros dous homes quedaron no vehículo sen intentar evitar a malleira que durou aproximadamente 5 minutos. Como consecuencia dos golpes, a vítima tivo que ser enviada a CHUAC e posteriormente ser operada do brazo esquerdo por unha fractura ósea. Direccion Xeral da Garda Civil Logo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-caza-do-raposo-no-punto-de-mira/

Comentarios