Venres. 26.04.2024
El tiempo

A hostalaría local carballesa colaborará co Concello na loita contra as cabichas

A hostalaría local carballesa colaborará co Concello na loita contra as cabichas
Xuntanza do acalde, Evencio Ferrero, Luis Lamas e o a empresa encargada do Servizo de Limpeza Despois da comprobación empírica do importante problema medioambiental que supoñen as cabichas no casco urbano e da campaña de sensibilización levada a cabo durante o pasado verán, desde o Concello de Carballo, coa colaboración da empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria, Aspaber UTE, acaban de poñerse mans á obra para intentar reducir a presenza destas nas rúas. Así, segundo informa o Concello, o equipo de limpeza varre cada día máis de 7.000 cabichas, e o obxectivo da campaña que arrancará a semana que vén é, se non é posible eliminalas por completo, reducir ese número. “Manteñamos Carballo Limpo” Co lema “Manteñamos Carballo Limpo” o goberno local carballés desenvolverá unha nova campaña de sensibilización na que contarán coa colaboración da hostalaría local. Tal como se estableceu na xuntanza previa de preparación da iniciativa, na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, ademais dos traballadores do servizo de limpeza, será o propio persoal de Aspaber UTE o encargado de trasladar a proposta ao sector hostaleiro. Deste xeito, a partir da semana que vén iniciarán o reparto dunha carta informativa e dun cartel que se colocará nos establecementos colaboradores. A participación na campaña é gratuíta e voluntaria. Simplemente se pretende que os locais de hostalaría contribúan a reducir a presenza de cabichas nas rúas tanto colocando cinceiros no exterior, se é o caso, coma incentivando o seu uso entre a clientela. As cabichas, xunto coas defecacións dos cans, que tamén serán obxecto dunha campaña específica, son os problemas de limpeza viaria que máis reclamacións xeran no Concello. Para erradicalos é precisa a colaboración de todas e todos. No caso das cabichas, para predicar co exemplo, o Concello de Carballo tamén colocará cinceiros no exterior dos edificios públicos. Campana contra as Cabichas Carballo As cabichas están consideradas coma o principal residuo a nivel mundial. Hai millóns de toneladas diseminadas por todo o planeta, e  tardan décadas en desaparecer, contaminan os mares, danan a biodiversidade e provocan incendios forestais. A nivel urbano, ademais de ensuciar os espazos públicos, as cabichas tiradas ao chan poden ser arrastradas pola choiva ata a rede de pluviais ou de saneamento e entrar en contacto coa auga, liberando as nocivas e contaminantes sustancias químicas que contén o tabaco.   https://quepasanacosta.gal/cabichas-xigantes-para-espantar-lixo-das-praias/

Comentarios