Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A militancia socialista da Costa da Morte recoñeceu o compromiso de Valentín González Formoso

A militancia socialista da Costa da Morte recoñeceu o compromiso de Valentín González Formoso
Valentin Gonzalez Formoso en Muros Valentín González Formoso en Muros

Pasou por Camariñas, Muros, Corcubión, Carballo… e apenas dúas semanas. E a militancia socialista Costa da Morte quixo recoñecer o traballo de Valentín González Formoso á fronte da Deputación da Coruña, que o escolleu como presidente da Agrupación Provincial tralas Primarias deste pasado domingo.

González Formoso arrasou en toda a provincia, cun 70% dos votos ante a ex concelleira santiaguesa Mercedes Rosón. Máis rotunda foi a súa vitoria na nosa bisbarra, onde Formoso colleitou o 100% dos votos en lugares como Carnota, Corcubión ou Dumbría. En todas as agrupacións da bisbarra Formoso venceu.

Valentin Gonzalez Formoso en Camarinas Valentín González Formoso en Camariñas a pasada semana

Pensando nas Municipais 2019

Formoso rematou xusto a semana en Muros e Camariñas, argumentando que “Unidos empezaremos a remontada do PSOE nas municipais de 2019”. Apelando á unidade, Formoso espera que os concellos da Costa da Morte volven ser vermellos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios