A plataforma do sector lácteo anuncia novas protestas a partir do día 23
07:08 17/11/15
No verán houbo multitudinarias manifestacións do sector lacteo en Compostela. Foto: Javier Gonzalez
Despois de tantas mobilizacións, semella que a crise do sector lácteo pouco se arreglou. Así o asegura a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego quen mostrou onte, a través dunha nota de prensa, o seu desacordo unánime contra a actitude da conselleira de Medio Rural, por non telos recibido, “especialmente cando recibe a colectivos menos representativos no sector lácteo”. Por elo, solicitan unha entrevista urxente, “que de non efectuarse, -advirten-, levarán a cabo accións para que esa entrevista teña lugar”. Poñen como data de referencia o 23 de novembro, cando se cumpren 2 meses da sinatura do acordo de Madrid.
Na citada xuntanza, os membros da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego trasladaranlle as súas súas preocupacións:
- Non existe a comisión de seguimento e xa solicitaramos unha en Galicia.
- Non acaban de publicar o decreto de cesión de prezos da industria á distribución nin o novo modelo de contrato.
- A subida dos prezos ao consumidor nos lineais non repercute en beneficio ao gandeiro.
- A industria segue a presentar contratos á baixa.
- Non é certo que os prezos se estean a recuperar.
Novas relacionadas
- 23-09-15: “O Ministerio non apurou todo o que lle pedimos os gandeiros e temos un acordo lácteo descafeinado”
- 17-09-15: Rematou o bloqueo ás industrias lácteas.
- 15-09-15: Os tractores colapsan as rúas do polígono industrial de Sigüeiro.
- 14-09-15: Os Gandeiros manteñen as mobilizacións bloqueando a industria e a distribución e regalando leite
- 11-09-15: Os Gandeiros seguen na loita e deciden bloquear as industrias do país cos seus tractores.
- 10-09-15: 15.000 persoas saen á rúa polo sector lácteo mentres o Ministerio apraza o acordo.
- Que podemos facer como consumidores para axudar ao sector leiteiro?.
- 08-09-15: 4000 tractores colapsan Santiago.
- 07-09-15: #AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite.
- Máis de 5.000 tractores invadirán Santiago durante tres días.
- Os gandeiros saen a rúa en Santa Comba
- A Xunta critica as mobilizacións anunciadas polo sector lácteo
- “A asociación de gandeiros de Mazaricos nace pola necesidade de unión que ten este sector”
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- 9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo.
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”.
- Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- 06-07-15: 15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas.
- 17-06-15: Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro.
- 28-04-15: 11 alcaldes da Costa da Morte asinan manifesto de apoio aos produtores de leite.
- Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego