Xoves. 01.10.2020
El tiempo

A Unión de Consumidores de Galicia presenta unha serie de vídeos sobre consumo responsable

A Unión de Consumidores de Galicia presenta unha serie de vídeos sobre consumo responsable
Acto de presentación da campaña. A Unión de Consumidores de Galicia vén de presentar unha nova campaña de comunicación da familia Benfeito, a banda deseñada coa que esta asociación leva dous anos trasladando as súas mensaxes e os resultados dos seus estudos á cidadanía. Nun acto celebrado o pasado venres, déronse a coñecer os tres vídeos que conforman esta iniciativa desenvolvida por UCGAL en colaboración con Mercadona. Ambas entidades veñen colaborando desde hai anos no desenvolvemento de actuación centradas na formación e información das persoas consumidoras.  Para ambas entidades a finalidade desta iniciativa é sensibilizar sobre o consumo responsable e incentivar a adaptación de bos hábitos á hora de facer as compras. Os consellos Os vídeos (dos que poderedes ver algún exemplo ao final desta nova) inclúen unha serie de consellos sobre consumo responsable á hora de facer as nosas compras. Así, destácase a necesidade de facer unha lista da compra antes de acudir ao establecemento comercial, faise fincapé no positivo que é decantarse por produtos de temporada e recoméndase optar por bolsas que non sexan de plástico. Neste sentido, o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, destacou que é importante fomentar en tódolos tramos de idade actitudes de consumo responsable e respectuosas co medio ambiente. Neste sentido, o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, loou aquelas iniciativas que apostan pola sostibilidade recordando que non hai acción pequena á hora de coidar a contorna. Pola súa parte, o técnico de animación, Tomás Guerrero, explicou como foi o proceso de creación dos vídeos, resaltando as oportunidades da animación á hora de trasladar información dun xeito sinxelo e atractivo.   https://www.youtube.com/watch?v=OaPVJzoRTmQ https://www.youtube.com/watch?v=I-qVm2bCklw

comentarios