Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Castriz tamén amosa o seu rexeitamento á chegada do megaproxecto eólico

A veciñanza de Castriz tamén amosa o seu rexeitamento á chegada do megaproxecto eólico
Veciñanza de Caastriz na reunión informativa sobre os parques eólicos este sábado 25 de agosto Veciñanza de Castriz na reunión informativa sobre os parques eólicos este sábado 25 de agosto

Espallou o seu rexeitamento ao megaproxecto eólico a Plataforma NON Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural. Fíxoo este pasado sábado, nunha reunión informativa ca veciñanza na casa da escola de Castriz, á que tamén acodiron a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, O concelleiro de Servizos, José García e tamén o secretario local de Compromiso por Santa Comba, David Barbeira.

Unha sesión importante para os veciños pois a instalación dos aeroxeradores ficará a uns escasos 400 metros da fervenza de Castriz.

A voceira Carme Pardiño explicoulles os motivos polos que foi creada a plataforma e debullou o por que da oposición á instalación dos parques tal é como se prevé nos proxectos – deixando sempre ben claro que en ningún caso están en contra da enerxía eólica nin de ningunha das denominadas renovables – e que accións se están a levar a cabo para intentar reconducir a situación e que se manteña o xeito de vida saudable e sostible da veciñanza.

María Pose (Alcaldesa de Santa Comba), Carme Pardiño (Voceira da Plataforma) e José García (Concelleiro de Servizos) María Pose (Alcaldesa de Santa Comba), Carme Pardiño (Voceira da Plataforma) e José García (Concelleiro de Servizos)

Ruídos

Na reunión manifestouse a preocupación polas consecuencias que podería ter unha instalación deste tipo para a zona tanto para a saúde das persoas como para o medio ambiente e para a dinamización económica da zona. Respecto da saúde, o máis comentado foi o ruído dos aeroxeradores. Algunha das veciñas asistentes asegurou que, dende a súa casa escoitaba ruído continuo doutros muíños xa instalados na contorna que están máis lonxe e que son máis pequenos que os que alí se pretenden instalar.

Compensacións ridículas

No aspecto económico, varias veciñas apuntaron que, a compensación que recibirían as persoas propietarias dos terreos directamente afectados, non é tan beneficiosa como lles presenta a empresa. Varias persoas, que ademais declararon traballar no ámbito da xestión administrativa, afirmaron que as/os propietarias/os, na maioría pensionistas, terían que facturar, facer declaracións de IVE, etc. E que, por suposto, estes ingresos poderían afectarlles ás respectivas pensións, especialmente no caso das non contributivas e aquelas con complementos de mínimos.

Así mesmo, moitos dos veciños son beneficiarios de subvencións para a repoboación forestal e, despois da tala necesaria na contorna para a instalación dos eólicos, córrese o risco de ter que devolver as cantidades recibidas (superiores ás compensacións da promotora dos parques) por incumprir a condición de manter a plantación un mínimo de 20 anos.

Poutra banda, unha das veciñas apuntou que “se aceptamos esta instalación, tal e como pasa a cotío no mundo occidental, dámoslle prioridade aos cartos fronte a saúde e despois gastamos eses cartos, e seguramente máis, para intentar recuperar a saúde perdida”.

  • 18-08-18: A Plataforma contra os eólicos de Coristanco presenta alegacións xunto cos veciños.
  • 09-08-18: Un centenar de persoas acoden á creación da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos Campelo – Bustelo – Monte Toural.
  • 19-07-18: Sae a exposición pública o Parque Monte Toural, a terceira parte do megaproxecto eólico que afecta a Carballo, Coristanco e Santa Comba.
  • Artigos relacionados

    Máis novas de eólicos

    Máis novas

    Comentarios